Principal

Fonte Grande
Auga mineral natural

Fonte Grande Auga Mineral Natural

 (As análisis realizadas demostran unha composición Físico-Química fiable e estable, cuns valores constantes e moi similares na sua composición minerolóxica e físico química durante todas as épocas do ano.

É digno de ter en conta a estable composición sódica do Acuífero-Manancial de Auga mineral natural Fonte Grande, que na súa composición só presenta 5,8 mg/l de Sodio (Na).

Conferíndolle ó seu cantido cuanquitativo de 5,8 mg/l de sodio unhas características moi superiores e unhas propiedades salutíferas maiores que calquera das augas que actualmente están hoxe no mercado.

Chama a atención que desde as primeras análises feitas, a sua composición físico-quimica manifestase con continuidade e constancia os mesmos ou valores moi similares.

Esta constancia é indicativa da excelente cualidade do acuífero. Os parámetros, valores e resultados da súa composición en minerais poñen de manifesto as constantes e beneficiosas caracteristicas que posúe:

A Auga do acuífero do manancial Fonte Grande é un complemento ideal para regular e facilitar a dixestión, en especial a dos productos lácteos.

A súa utilización está indicada e é especialmente beneficiosa e aconsellada para aquelas Dietas que teñen restrinxido o seu contido en Sodio, e tamén é moi beneficiosa para aquelas persoas que teñen doenzas coronarias, ou que sofren de hypertensión.

Facilita e axuda ao ril a eliminar con máis facilidade as substancias de refugallo do organismo.

A Auga Mineral Natural Fonte Grande é un auga de mineralización moi feble e moi débil, conferíndolle esta propiedade e característica, unhas cualidades de finura, que xa son apreciables inmediatamente no padal polo seu sabor e a súa finura, sendo pola sua baixa mineralización unha auga mineral natural moi fina e moi branda.

Análise Químico:

O seu contido en sodio (Na) é un dos máis baixos encontrados nas augas que actualmente se comercializan.

Isto a define como unha auga hiponatrémica, moi útil para doentes con litiase cálcica idiopática e particularmente para aqueles que padecen hipercalciuria.

A absorción polo intestino é moi rápida e completa provocando unha abundante diurese.

Esta falta de sodio fai que o organismo non reteña a auga polo que non se produce ningún aumento de peso.

A temperatura da auga na súa saída, afloramento natural do manancial Fonte Grande, é de 11,7ª Centígrados.

O seu PH alcaliniza a urina e evita a formación de litiases acedas.

O contido de calcio do acuífero Fonte Grande facilita a utilización de estas augas minerais naturais por todo o mundo, pero polo seu valor de 0,9 mg/l, adquire especial importancia para aquelas persoas que necesiten tratamentos paras as litiases.

Tamén pode ser utilizada por aquelas persoas que requieren dunha dieta restrictiva neste mineral.

A concentración de magnesio existente na auga Fonte Grande aporta unha cantidade de magnesio suficiente como complemento dunha dieta equilibrada para manter un corpo san.

É de pobre contido en sílice polo que está indicada naqueles raros casos de litiase por sílice.

Polo seu contido nulo en sulfatos, non se producirá ningunha perda hídrica e de bicarbonatos importantes que teñan efectos nocivos para o organismo.

Podemos resumir que a principal diferencia deste auga con respecto ás outras existentes é o equilibrio da súa composición mineral e o seu baixo contido en sodio.

Neste aspecto, está especialmente indicada como un importante adxuvante dietético no tratamiento de doentes hipertensos e cardiópatas.

Así mesmo, e por estas características, está indicada en todos os planos dietéticos de adelgazamento.

Send me your E-Mail comments or inquires, Enviame por E-Mail tus mensajes y comentarios.Envíame por E-Mail as túas enquisas e comentariosEnvía as teus mensaxes e enquisas ao meu enderezo E-MAIL:fontegrande@gmail.com

Fonte Grande, Auga mineral natural, si vostede se encontra nunha páxina fora dos frames, o está nunha páxina sin referencias visuals, seleccione este enlace para voltar a páxina principal